Estounalavadorako elkarrizketa

garaigoikoa 1456132721854 Garaigoikoa | 2012-08-28 19:29

Estounalavadora blogeko Belen eta Noa elkarrizketatu ninduten, uztailean, Vila da Cruces-en. Bideoa ez da oso ondo entzuten, baina elkarrizketaren laburpena egin dute galizieraz. Mila esker neskak!

ENL: Cales foron as maiores dificultades que tiveches para traducir un libro dunha lingua a outra?
TR: Tiven dúas dificultades grandes, a primeira foi que era a miña primeira traducción literaria. E a segunda dificultade fundamental que tiven foi ter que adaptalo un pouco a linguaxe coloquial. Xa que é moi diferente a linguaxe coloquial galega e a euskera. O Galego é máis tirando ao Castelán, e o Euskera é bastante máis diferenciado. Entón ahí había dificultades para unir as dúas linguas.
ENL: Cales son os principais motivos de que unha lingua desaparezca?
TR: O que di toda a literatura científica de todo o mundo sobre isto é que unha lingua pérdese cando se perde a transmisión de pais a fillos. Se unha lingua non se transmite está perdida. Todos os obxetivos das normalizacións deberían ser facilitar e mellorar a transmisión interxeracional.
ENL: Cres que o Euskera e o Galego teñen algo en común?
TR: Teñen moitas cousas en común, máis cousas do que parece así a simple vista. Eu persoalmente creo que temos moitas máis cousas en común con vos que con Cataluña. Para o bo e para o malo.
ENL: Cales son os medios máis chamativos para a expansión dunha lingua?
TR: Pregunta fácil, resposta difícil hahaha. Eu creo que unha comunidade cunha lingua minorizada debe aprender a autoxestionarse, autoregularse, autoformarse.. Quero decir, non hai que esperar nunca a nada dos demais; ou o facemos nós ou non o vai facer ninguén. Entón ,os medios, todos. Cales poden ser os mellores? Non sei... a creatividade, a improbisación, facer cousas novas sempre con ese punto diferente.. Nós non creamos en Castelán, nós creamos en Euskera, en Galego..Témoslle que por un plus máis a todo o que facemos. Non vale repetir os esquemas, temos que ser diferentes, buscar o punto ese que nos fai un pouco diferentes. Temos que ser máis atractivos.



Utzi iruzkina: