Made in Galiza. Séchu Sende.
UNHA PALABRA COMÚN
"Eu só son unha palabra común. A miña vida podía ir mellor ou tamén peor. Gústanme os diminutivos afectivos e non me levo nada mal cos números. Nacín aquí, hai xa bastantes anos, e as cousas desde que eu era unha palabra nova cambiaron moito. En fin, que estou para o que faga falta. Aprendín moi cedo que son única, que ningunha otra palabra pode substituírme, como nos pasa a todas as palabras do mundo.
Coñecín moitas palabras que desapareceron e todo os días me cruzo na rúa con algunha que acaba de nacer.
Mais hai uns quince días sucedeume algo preocupante. Acababa de acordar e estaba saíndo da ducha cando soou p timbre de casa. Vestinme apurada e abrín a porta. Cando vin que era un castelanismo fechei a porta con medo. E respirei fondo.
Que quede claro que non teño nada contra as palabras extranxeiras. Na miña vida coñecín moitas que viñan aquí facendo turismo. Pasei moi bos momentos con algunhas palabras italianas e francesas e unha palabra alemá e mais eu mesmo tivemos unha historia de amor hai algúns anos.
Tamén fixen algunhas viaxes a outros países e nunca tiven problemas para me facer entender e comprender as palabras coas que me atopei en Grecia ou Turquía ou en Exipto. Todo o contrario.
Sempre me gustou coñecer as palabras doutros idiomas, contarlles cousas da miña lingua e escoitar as súas aventuras.
Mais a palabra que chamou a porta da miña casa non viña facer turismo. Viña quedarse. As palabras da miña lingua levamos pasando por isto desde hai anos xa. De súbito chegamos á nosa casa ou ao noso traballo e hai un castelanismo ocupando o noso lugar, facendo súa a nosa vida.
E que quede claro que tampouco teño nada contra as palabras inmigrantes, que chegan para vivir como calquera de nos, que eu teño moi boas amigas que chegaron de América hai algún tempo e agora son como da casa, vivindo neste país que sempre foi hosptitalario con todo o mundo.
Mais isto e diferente: aquel castelanismo que me fixo suar de medo na miña propia casa niña coa intenció de me facer desaparecer. É un temor que teño desde hai algúns anos, cando comenzou lentamente a invasión dos castelanismos.
Ao primero eran poucas. Vivían en grandes pazos nas aforas ou nas casas máis ricas ou nos cuarteis do exército. Axiña se descubriron as súas intencións, cando comenzaron a ollarnos por riba do ombro, e a ocupar os mellores traballos e a facerse con privilexios á custa de nós e a substituírnos, pouco a pouco. Ao final moitas de nós acabaron desaparecendo e doutras xa case ninguén se acorda. O resto, resistimos.
Eu, como sempre fun unha palabra común, ao principio non me preocupei demasiado, penso que por egoísmo. Non me afectaba. Aínda que cando as miñas veciñas do 3º A e 2º B desapareceron e comencei a ver saír e entrar dos seus pisos dous castelanismos, comencei a pensar que preocuparse polo que pasaba ao meu redor era necesario, porque todo nos afecta a todas. E así foi.
Así que fechei la porta e preguntei cara afora:
- Que queres?
Ou castelanismo dixome que eu xa non era necesaria, que por favor abrise a porta, que non me resistise, que todo acabara para min e que regresaría o día menos pensado para quedas coas miñas cousas, a miña casa, o meu traballo e o resto.
Esa mañá non saín da casa. O mundo veume encima. Acovardaime e non fun traballar. Sei que cando unha palabra non sae á rúa, ou non vai ás cafeterías, aos colexios, ás oficinas, en fin, aos lugares de sempre, para esa palabra comenza o principio da fin.
Estiven chorando medio día até que me dixen: Chorando non se amaña nada. E collín as miñas cousas e saín decidida a facer o meu traballo, coa cabeza ben alta, ergueita. E traballei até ben entrada a noite e cando regresei á casa, seguía sendo a miña casa.
Desde que o castelanismo que me quere substituír veu amenazarme non tiven un minuto de descanso. Sinto como se tivese que traballar por todas as palabras que desapareceron, que hai moito por facer. Traballo día e noite e descanso satisfeita porque estou facendo todo o que podo. Nunca me sentín con tantas ganas de vivir.
A situación e moi preocupante aínda que últimamente somos moitas as palabras que decidimos enfrontarnos a esta colonización da mellor maneira que sabemos: saíndo de casa todo os días, ocupando as nosas rúas, as nosas fábricas, as escolas, os autobuses, as prazas, as empresas, os mercados, as librerías, as tendas de música, os cíbers, e todos eses lugares onde realmente somos necesarias.
Porque eu, aínda que son unha palabra común, síntome unha palabra útil. Eu son unha palabra imprescindíbel, com todas e cada unha das palabras do meu idioma. E sempre estarei aquí. Para o que faga falta."
Iruzkinak
Patxi 2008-09-02 11:43 #1
Ederra oso, eta gogora maiz etortzeko modukoa.
Utzi iruzkina: