David Lynch - Cine sem sentido

amets 1456130739544 ametsen atzetik nabil hegan | 2008-10-15 20:48

Galegoa (norma historikoan) praktikatuz ikasteko lehenengo ariketa serioa da hau, erraza da ulertzeko, dena den egunen batean euskarara itzuliko dut:

Eu nom son umha entendida do cine nem nada polo estilo. Mais gostanme moito as películas raras; desas que lle obrigan á um á pensar para poder entender o súo significado. E mais pensar para ao final nom conseguir entender nada. As vezes penso que son um pouco masoca, porque, em realidade, a maiora destas películas tenhem finales cos que um nom quedase a gosto aínda que saiba que som os melhores. Suponho que por iso gostame tanto David Lynch, porque os finales das súas películas som impactantes e inesperados. Pensas que aínda te queda meia película e de repente acabase. Quedasche como atontada, pensas: "nom podese acabar aquí, é impossível... o argumento seguía um hilo lógico! (polo menos até agora)". E entom començas a facer especulaçoms. Que se era um sono, que se o protagonista está tolo, que existem outras dimensoms... Comesche a cabeça e volvesche tolo ti tamén. Até que um día atopas em internet umha entrevista na que o director dize que a suas películas nom tenhen sentido, que som puramente estéticas e mais um pouco ‘vacilonas’. Por iso, porque volveno a uno tolo de remate, e el sabe. E cando dasche conta de que nom hai nada que pensar, é cando mais pensas.

Creo que se este tipo de películas sorprendennos tanto é porque o nosso conceito do cine consiste em que ten que ser lógico, como o transcurso da nossa vida. Ten que ser um reflexo da realidade, do día á día. Cando vemos películas de histórias impossíveis ou fantásticas, aínda que sabemos que lo que estamos vindo nom é real, tenhemos a capacidade de crernos a história. Porque normalmente, ten um começo, um desenvolvemento e um final. E ademais todas as partes da história estám relacionadas e siguem um fio condutor. Así que, aínda que nom som reais, pódese dizer que reflexam a estrutura da nossa vida para que podamos entender a totalidade do argumento. Sem embargo, eu son das que pensa que a estrutura nom é o mais importante dumha obra de arte, senom que é o contido ou mensagem o que ten que chegar ao público – claro que a estrutura da obra ajuda ao artista á transmitir o que quere.

Feita esta pequena reflexom e volvendo a David Lynch, opino que nom hai nengum director de cine que capte a vida, ou seja, a existência do ser humano, na maneira que el consigue-lo. É justamente lo absurdo das súas películas o que face que sejan como a vida mesma.

A vida si parece ter um principio, um desenvolvemento (ou umhos cantos) e um fim, pero ese final nunca é como nas películas porque um nom morre cando ja alcanzo a felicidade absoluta, o cando um deses desenvolvementos da vida está rematado como nas histórias que tanto gostam. A vida dumha pessoa sempre acaba antes do que quixeramos. E ao fim e ao cabo, que é umha vida? Nom é acaso algo absurdo? Nascer, viver, morrer. Iso é todo. E nom hai mais. Algo inútil. E mais a existência da humanidade. Ou mais bem a existência mesma, singelamente.

Penso que é duro darse conta disto e asumir-lo. Para algums é insoportavel. Nom somos mais que Sísifo outra vez, subindo a enorme rocha á cima da montaña eternamente, porque cando chega arriba a rocha volve a cair. E así sempre, umha e outra vez, umha e outra vez… Entom sentimos a náusea, como Sartre a chamo e a explicou brilhantemente nel livro co mesmo nome. Mais temos que aprender á aceitar lo absurdo da nossa existência, no es tan horrible como pode parecer. Aínda sem finalidade nenguma, nom deixa de ser o nosso bem mais prezado. Temos que viver o momento, desfrutar cada situaçom agradable, bonita, estética… E disfrutar, como nom, das películas de David Lynch, sobretudo de algumas como Mulholland Drive o Lost Highway. (Eraserhead está pendiente de ver).




Utzi iruzkina: