a nena que curaba a tristeza
Umha vez conhecin umha nena. Tinha os olhos dum marrom oscuro que chegaba directamente ao alma de quien olhábaa. A nena namoraba a todo o mundo, todos queríana com loucura, e víam que nom era umha nena normal, ela era especial. Eu nom tiven duda tampoco. En canto vina, produciume umha ternura até entonces desconhecida. Era como se pidera ajuda a gritos, e ao mesmo tempo, tivese a capacidade de curar a tristeza nas pessoas.
Ela tinha tamén umha voz moi doce, suave, tranquila. A súa voz nom gostaba de alzarse sobre o resto, a súa voz esperaba, e cando a gente calaba cantaba a súas notas ao aire. Sem dirigir-se a ninguém. Nom pedía atençom. Nom a necesitaba. Ou si.
Tamén eu namoreime dela, do súo tono ao falar que semelhaba á melhor das músicas, dos súos olhos que nom deixaban indiferente. Ela acercábase nos malos momentos e regalábache um sorriso grande, sincero. E despois dábache uma aperta forte forte, e dizía simplemente, que nom gostábale ver chorar á gente, pero que aprendera que chorar fai bem ás pessoas. A súa mirada atravesaba a minha, e parecía que sabía o que eu pensaba.
O que ninguém sabía daquela nena, é que ela tamén namorábase da gente que queríana tanto. E que cada vez que algum íase longe dela, choraba e choraba todo o que evitara que chorasemos os demais. Dolíale moito o pecho, e costábale respirar. Porque mentres todos pensaban que ela era a única que podía curar a tristeza, ela dábase cada vez mais conta de que o único que podía curar a súa, eran os demais. Quizá por eso namoraba á gente, e agarrábase a cada pessoa conhecida coa forza dum gigante, para que nom puidese escapar. A necesidade que sentía pola companhia era tan infinitamente grande, que nom tinha que fingir nada, e eso víase nos súos olhos. Por iso eu tamén namoreime dela, porque vin esa necesidade naquelos olhos de cor marrom, tan brilhantes, com esas ganas de viver... inconscientemente souben que a nena que nom era tan nena, me necesitaba tanto como eu a ela, e nom quixen afastar-me dela nunca. Mais todos sabemos as voltas que da a vida, e agora nom sei onde está.
Suponho que seguirá namorando á gente, mentres sufre polo medo a perdela. A minha nena sabe moi bem, que como eu, todas as pessoas que a conhecerom seguen queréndoa com loucura. Mais a ela gostaríale tanto poder darnos um bico ou umha aperta, que despois de facer sorrir a moita gente a longe do dia, chora um poquinho na cama, e quédase dormida sem dar tempo de secarse á súas bágoas. De noite, sempre aproveita os súos sonhos para dar esas apertas e bicos á gente que ja nom volverá ver nunca. Os sonhos son a súa maior fonte de felicidade.

Iruzkinak
Utzi iruzkina: